fotos        copla

                Entroido Xoaniña 2014
                                           "O entroido dende o berce"

Como xa sabedes en Xoaniña o Entroido é unha festas que nos gusta especialmente.
Este ano decidimos facer unha homenaxe á xente do mar e caracterizarnos de peixeiras e mariñeiros con un toque cantareir@.....que non falte a música.
Ademáis do  desfile co resto dos centros de educación este ano participamos no domingo de Entroido polas rúas de Salceda (aprazado unha semana polas inclemencias do tempo).
E ahí estivemos!!!! encabezando o desfile cantamos entre outras a "Carolina"e "Catro vellos mariñeiros" moi ben acompañados polo gaiteiro e as pandereteiras.
Estabamos todos os que puidemos ( os pequen@s xoaniñas,  pais e nais, avós, tíos, irmáns maiores e pequenos, profes). E pasámolo ben, moi ben.

Grazas pola colaboración desinteresada de tod@s.....

                                                                                   Grazas a tod@s por ser Xoaniña