Entroido Xoaniña 2010
En Xoaniña vivimos coa mesma ilusión tódalas festas pero quizais
 o Entroido sexa unha das  que máis celebramos.

Este ano foi o primeiro que desfilamos, xunto cos colexios , polo pasarrúas en Salceda.
Os nen@s de Xoaniña, e as profes tamén,  foron caracterizados de peregrinos.
O resultado de tres semanas de traballo foi
"o grupo de peregrinos máis numeroso xamais visto polos arredores".
A  nosa particular peregrinación acabou na praza do concello
para disfrutar "dunha ración de gusanitos", que foron ben recibidos por parte de todos.
Gracias pola colaboración desinteresada de tódolos papás que nos axudaron no desfile.
E, como sempre, gracias a todos pola confianza depositada.
Porque Xoaniña non podería existir sen tod@s vos.
ver fotos