| Por
segundo ano o Grupo de Teatro de Xoaniña (con novas
incorporacións)
reuniuse para celebrar o Nadal e representar unha nova obra
de teatro. Este ano a peza escollida foi "A Cabeza do Dragón", excelente adaptación da obra do mesmo título de Ramón María del Valle-Inclán. Como ocurrira xa na pasada edición a resposta por parte do público e amigos foi espectacular e todos e todas nos sentimos arroupados. A recadación (ver recadación) obtida coa venda de entradas foi doada a Shanga India, ONG que traballa nese país e da que podedes coñecer máis visitando a súa web.. En breve poderedes ver o vídeo completo da obra pero temos un pequeno adianto...e algunhas fotos. Que o disfrutedes...... E como sempre gracias a todos e todas polo voso apoio en cantas actividades levamos a cabo. Porque sen vos nada do que facemos sería posible. Sempre Xoaniña
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |